A Mariña, 28 de novembro de 2019. A Plataforma Sanitaria cualifica de irresponsables e alonxados da realidade os datos sobre o aumento do persoal de enfermería e facultativo na provincia de Lugo. Aseguran @s activistas sanitari@s que parece que Ramón Ares, xerente da EOXI de Lugo- Cervo- Monforte , vive nun mundo paralelo ao das veciñas e veciños da comarca, que día a día sufren a merma de servizos sanitarios por mor da insuficiente dotación de persoal ,sumado ao déficit nas substitucións do persoal en vacacións , permisos ou baixas médicas.
Por outra banda queremos facer un exercicio de memoria, por se tanto a xerencia como a dirección do hospital sofren de lagoas, e lembrarlles que seguimos a padecer una deficiencia cuantificable no número de pediatras de familia nos nosos centros de saúde , agravados polo feito de que as ausencias xustificadas das mesmas non son substituídas ou substitúense de forma parcial, creando problemas de atrasos en exames de saúde e de atención a demanda por patoloxías que xurden, urxentes ou non. Estes mesmos problemas están a verse no persoal sanitario de familia, de xeito que hai serios problemas de atrasos en consultas na atención primaria.
O persoal de enfermería fuxe en desbandada a outros hospitais en busca de estabilidade
No ámbito hospitalario, en contra do que parece ao ler as declaración nos medios dos responsables do SERGAS, a situación é caótica.Sumado aos novos contratos por mor da ampliación, precarios e indignos xa que non permiten nen un ápice de estabilidade ao estar asinándose mes a mes, engádese a fuxida en desbandada cara a outros hospitais, a poucos quilómetros de aquí , e cara a Euskadi en busca de estabilidade . este feito provoca que a día de hoxe non se atopen profesionais nas listas de contratación para substitucións, e temos á volta da esquina o período vacacional de nadal.
A coordinadora da Plataforma comenta preocupada que en poucos días teremos na comarca un problema de gran magnitude ao non contar con persoal para substituir as vacacións e os permisos pendentes de desfrutar ,e non descartamos que se poduzan movementos de protesta. “Os recortes nos servizos básicos como a sanidade non producen aforro e lembrámoslle ás xerencias que ao final o barato sae caro”.
A Plataforma Sanitaria rexeita os contratos de continuidade e apoia ao colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita.
O portavoz da Plataforma Sanitaria, Víctor Vila quere salientar a falta de sensibilidade e solidariedade que amosan desde o SERGAS ao falar nos medios de comunicación das bondades dos chamados contratos de continuidade, que lonxe de solucionar a problemática da falta de estabilidade que existe , “ afonda na precariedade e avoga á escravitude a est@s profesionais. Por iso este colectivo apoia e solidarízase coas enfermeiras eventuais en loita alzando a nosa voz ao seu carón”- explica.
O peche dos paritorios en Verín podería extenderse á Mariña, e obrigaría ás mulleres a parir de novo na Xesta.
Ante a nova do pasado venres , repentina e inesperada, de que a día 1 de decembro pechan os paritorios e as urxencias pediátricas do hospital de Verín, obrigando ás mulleres a desplazarse setenta quilómetros para un parto normal, e cada vez que una crianza teña que ser atendida de xeito urxente, o colectivo sanitario advirte que esta medida podería afectar en breve á nosa comarca, obrigando ás nosas mulleres a desprazarse máis de cen quilómetros para parir. “Cremos que se trarta dun experimento que posteriormente se iría extendendo aos outros centros hospitalarios periféricos ,un paso máis no desmantelamento da sanidade de proximidade e un retroceso de trinta anos ao obrigar ás mulleres a parir de novo na Xesta ou no Fiouco se non hai néboa”- comentan.
A supresión do segundo TES na ambulancia medicalizada está a producir derroche de recursos e non mellora a asistencia .
A supresión do segundo técnico da ambulancia medicalizada na comarca non está a lograr os obxectivos que nos venderon desde o SERGAS, xa que ante calquera emerxencia que obrigue a desplazar una ambulancia medicalizada , non son suficientes os recursos humanos dos que se disponen actualmente, e debe mobilizarse na maior parte dos casos una segunda ambulancia de soporte vital básico para reforzar.
Se o que querían era aforrar están a conseguir o efecto contrario e a maiores están a causar un gran malestar ao persoal do devandito servizo ao menoscabar a súa máis que demostrada profesionalidade e impecables actuacións nas emerxencias.” Volvemos advertirlle de que o barato ao final sae caro”- conclúen @s activistas sanitarias.