Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña estará representada final do premio do certame Curtas Armadiña en Poio con “Instrucciones para empezar a hablar gallego”, dirixida por Matías Nicieza

 A Mariña, 4 de novembro, 2019. A comarca da Mariña estará representada na loita polo premio do certame Curtas Armadiña a celebrar en Poio entre os próximos días 11 e 17 de novembro.

“Instrucciones para empezar a hablar gallego”, dirixida por Matías Nicieza, está basada nun relato do mesmo título do escritor Séchu Sende, tamén estreitamente vinculado á Mariña e concretamente a Viveiro.

No reparto figuran actores de diversos grupos de teatro así como un grupo de mozos e mozas do IES Perdouro. Ademais da totalidade dos integrantes do Bordelo de Cervo, con Francisco Piñeiro á cabeza, participan compoñentes das agrupacións Pico do Castro, de Foz; Torques, de Burela; e Trípode, de Alfoz, con Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” como figura central da historia.

Xunto coa produción feita na Mariña, son finalistas outras 15 películas, entre elas a titulada “16 de novembro” do coñecido cineasta Álvaro Gago.

Podes ver aquí o vídeo

Exit mobile version