Burela, 19 de novembro, 2019. A Fundación Expomar presentou este martes o primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, así como o primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, que terán lugar en Burela durante o mes de decembro.
Estas accións inclúense dentro do proxecto “Centro de Coñecemento en Patrimonio Cultural Pesqueiro”, que promove a Fundación Expomar, coordinado pola consultoría Valora e financiado polo GALP A Mariña Ortegal.
O acto estivo presidido polo presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano; o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González ‘Brais’; e Susana Santamarina, de Valora Consultores; que presentaron o proxecto completo do “Centro de Coñecemento” e os diferentes contidos e actividades incluídas nos programas dos dous congresos.
Ao acto, que tivo lugar no Hotel Nordés de Burela, acudiron numerosos representantes políticos da comarca, alcaldes, patróns e membros da Fundación Expomar e centros educativos locais, así como dirixentes de entidades mariñanas relacionadas co mundo do mar.
O “Centro de Coñecemento” nace co obxectivo de poñer en valor o sector náutico pesqueiro da zona e divulgar o patrimonio e a cultura mariñeira da Mariña Lucense, tratando de involucrar á poboación local en tódolos temas relacionados coa pesca.
O primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca é un dos grandes eventos que se inclúen dentro deste proxecto. A cita terá lugar no Salón de Actos de Armadores de Burela ABSA durante a tarde do xoves 12 e a mañá do venres 13 de decembro, nas que se sucederán diferentes conferencias e mesas de debate sobre as artes de pesca e o sector pesqueiro en xeral, coa participación de entidades e profesionais de toda a xeografía española.
Como antesala a este congreso, na mañá do xoves 12 de decembro celebrarase na Casa da Cultura de Burela o primeiro Congreso Infantil “Conservemos o noso Mar”, centrado sobre todo en promover os comportamentos respetuosos co medio mariño y que inclúe un concurso de debuxo “O Mar Luce” entre alumnos dos centros educativos locais.
Vinculadas a este congreso infantil xa están tendeo lugar unha serie de actividades en Burela, como un ciclo de charlas nos centros educativos, como a que tivo lugar a semana pasada por parte de membros da “Asociación de Mariñeiros Xubilados A Moncloa”, que explicaron aos alumnos de 5º de Primaria e de 4º de ESO os oficios mariñeiros e un obradoiro de elaboración de nudos mariñeiros.
Ootras das actividades programadas dentro do “Centro de Coñecemento” son un inventario online de artes de pesca e un catálogo da flora e fauna mariña da costa norte de Lugo.