Unha exposición fotográfica única na Mariña Lucense, que mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría. Pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se aínda non tiveches a oportunidade de vela, aproveita e visita Ribadeo para descubrir tamén os fondos mariños da costa de Lugo.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Amosamos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademais un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas. A exposición A Mariña Somerxida convértese nun referente para a concienciación e divulgación mariña.