Lugo, 15 de novembro de 2019. Os servizos de Xestión Territorial da Deputación de Lugo, que dependen directamente do Presidente, José Tomé, traballan en despexar 60 estradas da súa titularidade en 14 concellos debido ao temporal de neve e choivas que está a afectar á provincia. Os operativos están despregados nos municipios da Montaña e do Sur da provincia.
Os puntos onde a situación é máis complicada, con capas de neve de entre 10 e 30 centímetros, son os seguintes: A Fonsagrada (LU-P-3601); Navia de Suarna (LU-P-3508, LU-P-3505 e LU-P-3509); Pedrafita do Cebreiro (LU-P-4503 e LU-P-3509) e Folgoso do Courel (LU-P-1303, LU-P-4505 e LU-P-5004).
O operativo despregado pola Deputación está traballando con oito máquinas quitaneves e unha ducia de coches todoterreo con diverso material de apoio para retirar as capas de neve e tamén para desfacer placas de xeo e retirar árbores que obstaculizan as vías. Unhas actuacións que teñen como obxectivo garantir a seguridade dos usuarios destas estradas.
Hai afectadas unhas sesenta vías, incluídas as xa citadas, repartidas por A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Baleira, Cervantes, O Incio, Negueira de Muñiz, As Nogais, Quiroga, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela e Becerreá. A relación é a seguinte: LU-P-0401, LU-P-0405, LU-P- 0407 (Baleira); LU-P- 1401, LU-P-1404, LU-P-1405, LU-P-1411, LU-P-1412 e LU-P-0702 (Cervantes); LU-P-1906, LU-P-1901, LU-P-4606 e LU-P-4811 (A Fonsagrada); LU-P-2505, LU-P-1306 e LU-P-2501 (O Incio); LU-P- 3501, LU-P-3502, LU-P-3509 e LU-P1901 (Navia de Suarna); LU-P-3601 e LU-P-3602 (Negueira de Muñiz); LU-P- 3701, LU-P-4503, LU-P-0707 e LU-P-3702 (As Nogais), LU-P4504, LU-P-1301 e LU-P-1304 (Pedrafita do Cebreiro); LU-P-5001, LU-P-5004, LU-P-5002 e LU-P-5005 (Quiroga); LU-P-1906 e LU-P-4606 (Ribeira de Piquín); LU-P-5603, LU-P-5601, LU-P-1306, LU-P-5605, LU-P-1306, LU-P-5605, LU-P-1306, LU-P-2503, LU-P-2507, LU-P-5602 e LU-P-5604 (Samos); LU-P-3702 e LU-P-6201 (Triacastela); LU-P-0704, LU-P-0708 e LU-P-0701 (Becerreá).