O Presidente da Deputación, José Tomé, e o representante da entidade da Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual e o desenvolvemento, Eladio Fernández, asinaron un convenio de colaboración de 2.500 euros para o financiamento dos gastos derivados no servizo de orientación laboral. Este encontro enmárcase na ampla axenda de reunións con entidades e colectivos lucenses coas que Tomé Roca continúa pulsando as necesidades da provincia.