Ribadeo, 26 de novembro, 2019. Grazas á súa xestión e á da Directiva que o acompañou esta Sociedade pode seguir existindo na actualidade.
Son varios os feitos que destacan o seu labor dentro da Concordia: a primeira foi a súa oposición, nos anos 70, ao proxecto de unión de varias sociedades ribadenses, o que daría lugar a que esta desaparecese.
En segundo lugar impulsou a incorporación de novos socios, rexuvenecendo a Sociedade e incorporando mulleres á súa Directiva.
En terceiro lugar foi o promotor da idea de doar a maior parte do capital que tiña a Sociedade para, en colaboración co Concello, poñer en marcha un Centro de Día para a 3ª Idade. O proxecto de colaboración asinouse en abril de 2001 e a achega da Concordia foi de 20.000.000 de pesetas (120.000 euros), para as obras de adecuación e dotación de equipamento no antigo Matadoiro Municipal, acordándose que o nome oficial do centro sería “A Concordia”. Na actualidade a súa xestión depende da Xunta de Galicia.
A Directiva e socios da Sociedade A Concordia quere transmitir as súas condolencias á súa familia e amigos.