Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe no Vicedo mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acia local

 A Mariña, 25 de novembro de 2019. A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe no Vicedo mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acia local.
Con 500 euros resultou premiado o número 138.290 e con 100 euros cada uno resultaron agraciados os seguintes: 146.449, 148.985, 150.804, 141.953 e 145.001.
En total a FCAM destinou 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. A devandita campaña deu comezo en setembro en Viveiro e ematou hoxe co sorteo celebrado no Vicedo.
O obxectivo de 1.000 motivos para mercar na Mariña foi dinamizar as compras no comercio local ao longo destas semanas. A campaña foi organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Exit mobile version