Site icon Crónica3.com A Mariña

A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou este luns en Covas mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Beiras de Viveiro

 A Mariña, 11 de novembro de 2019. A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Covas mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados a Beiras de Viveiro.
Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 109.568, que foi repartido en vinoteca Akitania; e con 100 euros cada un foron premiados o 117.613 en Covirán, o 109.735 en Akitania, o 106.962 en Galipizza, o 109.613 en Akitania e o 119.643 en Peixería Grallal. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para consumir os seus premios”.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta semana en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. 1.000 motivos para mercar na Mariña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Exit mobile version