A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, seguro de viaxe, visita a Astorga e comida do típico cocido maragato na localidade de Castrillo de los Polvazares . O prezo é de 45 euros por persoa. Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.
