A Asociación Mulleres de San Cibrao, en colaboración co Concello de Cervo, celebrou este sábado diferentes actos con motivo da festividade de San Andrés
redac
Pola mañá houbo unha misa cantada pola Coral do Centro de Iniciativas Turísticas de San Cibrao (C.I.T.). A continuación tivo lugar unha comida no restaurante Buenavista e, xa pola tarde, baile na Casa do Mar a cargo do Dúo EPO-K.