Entre as materias teóricas da formación están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, o marketing en hostalería e o enoturismo. Como prácticas, realizaranse varias catas de viños galegos e nacionais e farase unha viaxe á Ribeira Sacra o día 26 de novembro para visitar a Adega Os Cipreses, a Adega Moure-Abadía da Cova e a queixería Airas Moniz.
O curso terá lugar na cafetería Xoyma, en Foz, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.
As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, poden poñerse en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.