Site icon Crónica3.com A Mariña

4ª xornada da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste

 Barreiros, 12 de novembro, 2019. O sábado pasado comenzamos a cuarta xornada da LNB no pavillón de San Miguel cun pequeño acto testimonial en contra da “Violencia de xénero”.

Xornada moi aberta e disputada como o son todas as que se desenrolan a cuberto da choiva e con sesenta e nove participantes en liza (cincoenta e tres homes, catorce donas e desta volta so duas cativas).

Ainda que toda a xornada estivo moi emocionante polo incerto dos resultados, temos que subliñar tres pinceladas neste maravilloso cadro multicolor.

A pincelada granate foi a impecable actuación da tricampiona Geni no retorno as canchas, logo dunha xornada de impas por mor da posta a punto dun xeonllo. So deixou escapar un punto (fixo vintecatro) e recuperou o mando na xeral de donas.

A pincelada verde puxoa Rubén, o bravo palanador de Chainzos-Cadaval, que deixou moi crariño que o “cero pelado” da xornada da Pontenova foi un mero e puntual accidente. Hoxe puxo as cousas no seu sitio con vintecatro puntos.

Finalmente a “esquerda de ouro da LNB” o Yul Brynner dos Carabullo, Charli, non quixo repetir o fiasco da derradeira xornada, donde tendo o triunfo na man, viuse relegado o terceiro posto e desta volta si rematou como o campión que é facendose ca xornada cun pleno de vintecinco puntos que o chimpa do décimo o cuarto posto da xeral.

Nun desempate para o segundo e terceiro posto do podio entre Geni e Rubén, foi a ribadense quen se fixo co segundo posto.

No tocante a equipos, os Billardeiros Musicais prolongan a sinfonía ca que comenzaron na derradeira xornada e voltaron a mandar por riba de Carabullo e de Chainzos–Cadaval co que se aupan o mando da taboa de clasificacións.

As donas, una volta mais lucíronse en San Miguel, boa xornada para todas elas destacando ademais da xa mentada Geni, Chinita (Troitas Bravas) e Lucia (Remourelle Bulls), (ou Lucía e Chinita, que tanto monta… xa que as dúas acadaron cadanseus dezaseis puntos).

En infantís moi aceptable tamén as prestacións de Aroa, unha xoia que comeza a brilar con luz propia e que mais cedo que tarde nos vai dar moitas tardes de groria.

Houbo tamén unha man de tiros directos, mais soamente un foi contabilizado como “varado” e de novo o autor de semellante proeza foi Chousa de Carabullo.

Rematada a xornada, o seleccionador Manolo Flores fixo entrega aos gañadores do aberto de unha artística figura e mais unha ristra de chourizos.

Subliñar que os Billardeiros Musicais dedicaron nesta ocasión a victoria a un querido compañeiro que recentemente nos deixou. “Descansa en Paz Julio, a túa entrega e simpatia estará sempre na nosa memoria”.

As clasifiacións logo da cuarta xornada quedan asi:

Individual:

Markytos (Billardeiros Musicias) 87 p.

Pepe d Outeiro (Chainzos-Cadaval) 83 p.

Regueiro (Troitas Bravas) 79 p.

Charli (Carabullo) 78 p.

Manu Pozo (Billardeiros Musicias) 76 p.

Donas:

Geni (Billardieors Musicais) 52 p

Paula (Chainzos-Cadaval) 47 p.

Dori (Billardeiros Musicias) 44 p.

Equipos:

Billardeiros Musicais (Ribadeo) 315 p.

Chainzos-Cadaval (Castro de Rei) 313 p.

Troitas Bravas (A Pontenova) 298 p.

A vindeira proba billardeira será o próximo sábado16 de novembro ca 5ª xornada da liga regular en Lugo e o sábado seguinte, a disputa da XIII Copa Cantábrica en Piedras Blancas (Avilés).

Exit mobile version