
O acto organizado polo Concello para conmemorar o 25N tivo lugar este luns na Praza do Concello tendo como temática o sentido da vista, a alcaldesa, Ana Ermida, xunto coa concelleira de igualdade, Montse Porteiro, procederon a ler un manifesto lembrando as vítimas da violencia de xénero e pedindo máis medidas para que entre todos poidamos erradicar a violencia contra a muller. Ao acto acudiron o alumnado dos colexios de San Cosme e de San Miguel, a corporación municipal, e numerosas persoas que mostraron o total rexeitamento á violencia machista.