Site icon Crónica3.com A Mariña

Yolanda Rodriguez medalla de prata no Open Internacional San Froilán

 A Mariña, 22 de outubro, 2019. A deportista Internacional mariñá Yolanda Rodríguez Fidalgo do club de Tiro San Froilán, e actual campioa da Copa Princesa de Asturias e Campioa da Copa da Raíña e do Rei e Copa Federación selecciones autonomicas, callou unha gran fin de semana na cidade de Lugo ao facerse coa “Medalla de Prata” en Sub 23 e Junior, no VII Open Internacional de Tiro Olímpico San Froilan, competición valedoira para a clasificación Nacional e Torneo Master. Celebrouse na casa do deporte de Lugo no pabellon da Duquesa, nunha competición moi disputada pola súa alta participación, con deportistas chegados de todos os puntos de España, Andorra e Portugal.
Rodríguez realizou unha competición na modalidade de precisión de menos a mais acadando na secuencia de sesenta disparos unha puntuación de 547 sobre 600 posibles, o que lle valeu para a medalla de prata. A mariñá, debido ao seu gran resultado, foi seleccionada para competir a vindeira fin de semana no Campionato de España de clubs que se celebrará en Logroño. Competirá na modalidade de Equipos e Dúo Mixto baixo a nova normativa de inclusión feminina e de visibilidade á muller no deporte.
A multideportista mariñá posúe no seu haber varios Campionatos de España tanto individuais como de Equipas en diferentes especialidades deportivas, e tres medallas internacionais gañadas en Sant Boi, Barcelos e A Coruña.

Exit mobile version