Site icon Crónica3.com A Mariña

XXVIII Festival da Terceira Idade de Alfoz

O 27 de outubro, domingo, é a data elixida para celebrar O XXVIII Festival da Terceira Idade que organiza o Concello de Alfoz. Consistirá nunha misa ás 12.30h na Igrexa de S. Pedro de Mor e a continuación unha comida na Finca Galea que rematará con baile e diversos actos. É gratuita para ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas, e as súas parellas, empadronados en Alfoz. Tamén poden asistir ao evento os interesados/as que non cumpran estes requisitos abonando o custe da comida que son 32€.
Para asistir é preciso anotarse nas Oficinas do Concello ata do 21 de outubro.

Exit mobile version