O rexedor explicou que “viñeron visitarnos dous representantes da UNED de Lugo co propósito de ir programando algunha actividade que teña que ver co medio ambiente, coa vida sostible e todo aquilo que estea relacionado cos obxectivos da ONU para o ano 2030, que son sustentabilidade, medio ambiente e vida social”.
Alfredo Llano dixo que “por tanto vamos poñernos a andar e creo que imos chegar a formalizar, a través da Mancomunidade de Municipios ou ben de cada Concello por separado, algún tipo de actividade que teña que ver con estes temas, que realmente son moi importantes. Penso que debemos enfocar cara ao futuro toda a vida social e económica a conseguir eses obxectivos claros que son a pretensión da ONU para o ano 2030”.
O alcalde engadiu que “en principio quedamos en ter máis reunións e imos facer unha proposta clara e concreta para poder aplicar na Mariña. Hai moitas cousas, sobre todo en relación con medio mariño, tamén coa produción ecolóxica de agricultura e gandería. Vamos procurar, en conxunto ou a través de cada un dos Concellos por separado, facer unha programación que mereza a pena e que estea de acordo co que pretendemos todos, que é estar en sintonía con eses obxectivos da ONU cara ao ano 2030”.