Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas micolóxicas no Vicedo

 O Vicedo, 15 de outubro, 2019. O equinoccio de setembro marca o comezo dun sol estacional e dunhas choivas que, máis alá do solsticio de inverno, fan visible o reino dos fungos. Os cogomelos precoces, os tardíos ou no seu tempo deciden xurdir e nós comezamos a camiñar as terras, a esvarar pola néboa dos piñeirais, a navegar os prados… Sempre en compaña. Porque xa sabedes o que din: o outono é para quen quere comer cogomelos máis dunha vez.

RUTA DE TAPAS MICOLÓXICAS POLO VICEDO, 25 DE OUTUBRO
O venres 25 de outubro, no Vicedo, ofreceranse tapas elaboradas con cogomelos (2€/unidade) nos seguintes locais: Bar “Santo Domingo”, Bar “San Esteban” e Mesón “O Remo”. Dende as 20:00h. poderedes saborear callos de lingua de vaca, risotto de cogomelos con gambas e un guiso de tenreira cachena con níscalos. Delicias para os ceos das bocas!

SAÍDA AO MONTE CO MICÓLOGO J.LUIS CUBA
O sábado 26 de outubro, sairemos ao monte co micólogo J.Luis Cuba para aprender e resolver dúbidas sobre os cogomelos presentes nos diferentes hábitats da nosa contorna. As prazas son limitadas e comezaremos ben cedo, quedando ás 08:00h. nun punto xa habitual para nós: o estacionamento que hai na carretera Ortigueira-As Pontes, preto da saída da estrada de Mañón.
A actividade é de balde para a xente asociada a Nordes e ten un custe de 5€ para aquelas persoas que non o están. É preciso anotarse no 653756454 ou en asociacion.nordes@gmail.com.

Para realizar unha boa práctica é preciso levar un cesto e navalla; recomendamos tamén roupa e calzado axeitado, sen estar de máis ir cun bocadillo e bebida.

Exit mobile version