Lourenzá, 1 de outubro, 2019. Nun acto presidido pola Alcaldesa Rocío López e no que estivo acompañada por Sonia Gavino (Concelleira de deportes), Manuel Otero (responsable provincial da Secretaría xeral para o Deporte), Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá), Juan Luís Méndez e Ismael Vallines Blanco (Adestradores de atletismo do club) e José Cuadrado Oural (responsable da Cooperativa Terras da Mariña) foi presentada a X Val das Fabas 2019
Ademais no día de onte fíxose público o padriño de honra desta nova Edición, será Ismael Vallines, adestrador das Escolas e un firme colaborador nestas 10 edicións da proba e do deporte de Lourenzá. Réndese así unha pequena homenaxe a todos os voluntari@s que ano tras ano axudan e fan que o deporte en Lourenzá medre e se consolide.