Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares: “Parabéns a todas esas persoas que contribuíron durante estes 50 anos a engrandecer o Museo do Mar de San Ciprián, patrimonio de todos”

 Cervo, 11 de outubro de 2019.- O rexedor, Alfonso Villares, quixo felicitar neste día “a todas esas persoas que contribuíron durante estes 50 anos a engrandecer o Museo do Mar de San Ciprián, que é Patrimonio de todos”.
O rexedor declarou que os cervenses “temos o privilexio de contar co Museo do Mar de xestión pública máis antigo de Galicia e que atesoura no seu interior un sinfín de xoias de incalculable valor, que convidamos a descubrir ou redescubrir”.
Villares precisou que desde o Concello “estamos a dar os pasos precisos para lograr a súa ampliación, “co obxectivo de mellorar, aínda máis, a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural única”.
O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abrangue, ademais do edificio existente, unha edificación privada empregada antigamente como vivenda.
Nestes terreos que se plantexan para o aumento do Museo establécese a ordenanza Residencial mixta -espazo, en ordenación mixta, destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios-; mentras que no Museo establécese a ordenanza Dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreatrivo, relixioso, sanitario, asistencia…-.
O cambio nas condicións urbanísticas que se plantexa, e que será sometido a pleno, permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568 m².

Exit mobile version