Foz, 30 de outubro de 2019. “O alcalde so actua cando a oposicición lle apreta, proba delo é a súa reunión onte coa subdelegada, despois de que o Partido Popular presentase un rogo no mes de setembro ao que fixo caso omiso e fixo falta que os populares presentásemos unha moción o pasado 23 de octubre para que Cajoto actuase” lembrou a concelleira Popular, Verónica Soto, que engadiu, “despois das múltiples queixas que estamos recibindo dos veciños de Vilaronte; a terceira parroquia en poboación do Concello de Foz e entendendo insuficientes as explicación do Alcalde cando preguntamos en setembro pola situación da Ponte, onde nos deu a entender que cousa ía para largo e cunha actitude demasiado compracente coa posición de Carreteras del Estado. O pasado 23 outubro demos un paso máis e presentamos unha moción para que sexa o pleno o que inste a Fomento ao arranxo inmediato, o que fixo que o alcalde espabilara”.
“Este acceso é moi usado polos máis de 700 veciños que ten a parroquia e está ocasionando demasiadas molestias, obrigando aos veciños a buscar alternativas moito máis incómodas que están saturando outros cruces coma o da Espiñeira ou, o xa perigoso cruce da corredoira. Vemos que pasados tres meses todo segue igual dende que foi o accidente o 24 de xullo.
Remata a Concelleira Popular: “Cremos dende o PP de Foz que si nos non houbésemos mobilizado este asunto con rogos e mocións o Alcalde seguiría coas máns nos petos como acostuma a facer, e os veciños de Vilaronte estarían eternamente sufrindo a falta de iniciativa do Sr Cajoto”,
“seguimos mantendo tal e como se pideu na moción do pasado 23 de outubro que mentres non se actúe na ponte, se mellore a sinalización existente e provisional feita con conos e sinais de obra, que poden causar algún accidente dado que existe un cambio de rasante con carril de vehiculos lentos que aumenta o risco.”