Viveiro, 10 de outubro, 2019. O BNG de Viveiro levou ao pleno de outubro a mans da súa voceira Míriam Bermúdez, unhas das demandas que lles expuxeron os veciños no último encontro que realizaron os nacionalistas en Celeiro, onde querían que se aplicase a Lei de Memoria Histórica no Barrio do Chao.
Neste barrio de Celeiro, xa se retirara o nome do falanxista Antonio Pedrosa Latas do CEIP de Celeiro, após a nosa demanda, pero por desgraza aínda ficaban restos do franquismo no barrio, mais en concreto nas placas que están ao pé da estatua de San Rafaeliño, fancendo outra vez referencia ao xa mencionado falanxista.
Por todo isto e por sobrados motivos, solicitamos en pleno a substitución destas placas por outras, así como tamén a eliminación de todos os recoñecementos públicos que vaia en contra da Lei de Memoria Histórica e que podan aínda perdurar no Barrio do Chao.
A proposta foi aprobada acordando a substitución das placas.