Site icon Crónica3.com A Mariña

Resposta do Concello a En Marea sobre a Torre dos Moreno

Ribadeo, 23 de outubro, 2019. Como lembrarán os lectores o dia 27 de setembro rexistramos no concello un escrito con duas preguntas e unha solicitude referentes á Torre de Os Moreno.

Con data de saída de dous de outubro recebimos un escrito do concello que poderíamos denominar unha resposta se fosemos afeizoados a fantasear con asuntos tan serios. O certo é que o goberno do BNG fai o de sempre: remite documentos públicos coñecidos (actas), nega a información solicitada e segue mantendo no segredo os acordos con Paisajes de Asturias. Non lle poñemos calificativos, éstes son os feitos e cadaquén que opine ao seu xeito:

Primeiro e principal: O Sr alcalde de Ribadeo ten negociado con Paisajes de Asturias a permuta da Torre dos Moreno sen dar contas nen informar ao vecindario. Como resulta que os xestores de Paisajes de Asturias son uns afeizoados que dan os pesos a catro pesetas perderon na operación mais de cen mil euros (versión BNG naturalmente).

Segundo: Non se sabe por que motivo, pero en calquer caso sen xustificación administrativa de nengún tipo o pleno do 1 de Xullo de 2015 acodou delegar os trámites desta operación na Xunta de Goberno (por certo que a redacción dese acordo na acta parece unha mala traducción do chinés). Acordo previsorio, onde os haxa, porque a execución definitiva produciuse catro anos mais tarde, pero sobre todo porque ainda non había oferta coñecida de empresa que resultou perxudicada.

Terceiro: O documento do convenio e agora tamén a acta notarial seguen sendo segredos. O concello non os publicita, non están nas actas e cando llos pides non chos dan. Asi de sinxelo e así de real. Explicación nengunha, democracia modelo BNG.

Pola nosa banda o paso seguinte será presentar un recurso de reposición, seguir informando e tirando do fio, a ver a onde chegamos.

COLECTIVO EN MAREA RIBADEO

Exit mobile version