O programa emitirase de 10 a 12 da mañá desde a entrada da Casa do Concello de Lourenzá e será dirixido e presentado por Félix Jorquera.
Entre os invitados que participarán neste espazo radiofónico estarán a alcaldesa laurentina, Rocío López; o concelleiro de Cultura, Manuel Arango; o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), Javier Huertas; o presidente do grupo de desenvolvemento rural Terras de Miranda, o laurentino Vidal Martínez-Sierra; o presidente da asociación VespaFaba & Clásicos, Fran Rivas; un representante da Asociación de Cociñeiros da Mariña, Bruno Pena; e outros colaboradores na organización do amplo e variado programa de actividades que ten a Festa da Faba 2019.