Foz, 2 de outubro, 2019. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves 3 de outubro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro Hei entrar no meu povo:reivindicarmos Carvalho Calero , nun acto no que tomaran a palabra os autores do mesmo Bernardo Maiz, Xosé María Dobarro e o noso conveciño Xosé Manuel Pazo.
Hei entrar no meu povo:reivindicarmos Carvalho Calero é unha publicación que recolle diversos traballos arredor da figura do autor recoñecido en 2019 co Día das letras galegas. Ricardo Carvalho Calero é un dos grandes vultos da cultura galega do século XX, cunha importante bibliografía no campo dos estudos lingüísticos e literarios pero tamén da poesía e a narrativa. Ao tempo, o autor mantivo durante moito tempo unha importante relación coa nosa vila, onde pasou as vacacións de verán en compañía da súa parella María Ignacia Ramos.
Os traballos que conforman o volume achéganos diferentes aspectos da obra e da vida de Carvalho Calero. Así, o historiador Bernardo Máiz dá conta en “Carvalho Calero e a política (1926-1990)” do compromiso ideolóxico dun home que padeceu a represión do franquismo. Xosé María Dobarro en “Lingüísta por mor dunha causa”, da conta das súas posicións filolóxicas e da súa aposta pola reintegración da lingua galega a portuguesa.Finalmente, o profesor Manuel Pazo, coordinador do volume, achéganos os traballos desenvoltos nas últimas décadas a prol da reivindicación da figura de Carvalho Calero.