Site icon Crónica3.com A Mariña

Por primeira vez na un membro do PP de Burela figurará na lista provincial ao Congreso dos Deputados

 Burela, 9 de outubro de 2019. O PP de Burela congratúlase de que, “por primeira vez na historia, un membro da agrupación local figure nas listas ao Congreso dos Deputados”. Trátase da enxeñeira de camiños, canles e portos, Yovana Oroza Castro que figura como suplente na lista que encabeza o mariñán Jaime de Olano.
Natural de Burela e con 33 anos de idade, Oroza daba un paso á fronte ocupando o número dous da candidatura popular nas últimas eleccións municipais e agora convértese na terceira persoa da comarca da Mariña que o PP sitúa na súa candidatura á cámara baixa.
“Son consciente de que as posibilidades de saír elixida son moi escasas debido ao posto que ocupo, pero trátase de sumar e de adquirir experiencia”, di Oroza. E continúa, “esta é unha forma máis de recoñecer, por parte da dirección provincial do Partido, a boa labor que está a desempeñar o Grupo Municipal Popular no noso concello”.
Na mesma liña, os populares de Burela consideran que “a súa inclusión nas listas supón un respaldo máis por parte da dirección do Partido cara a este novo e ilusionante proxecto”, manifestan.
Ademais recordan que “ata en dúas ocasións houbera representación por parte da agrupación burelá na lista ao Senado, pero nunca antes se tivera representación na lista provincial ao Congreso”.

Exit mobile version