Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Mondoñedo califican “de auténtico pelotazo a compra dun inmoble por 450.000 euros para ceder a unha empresa privada”

 Mondoñedo, 14 de outubro de 2019. Os Socialistas de Mondoñedo cualifican “de auténtico pelotazo a compra dun inmoble na avenida das San Lucas por 450.000 euros”. Así o dixo a Voceira Esperanza González, tras a celebración do pleno extraordinario o pasado venres dia 11 de outubro, no que o Goberno de Candia aprobou en solitario a adquisición deste edificio, situado na Avenida As San Lucas, numero 9, para fins sociais. Nesta sesión o PP tamén aprobou en solitario, a cesión gratuita deste inmoble á Fundación Educativa e Social Dignidade.

Esperanza González critica “que o Goberno de Elena Candia compra un edificio coa única finalidade de favorecer a unha empresa privada cos impostos de todos os veciños e veciñas de Mondoñedo. Con esta operación esta tentando facer méritos dentro do PP e do Goberno de Feijoo, iso si, pero cos impostos de todos os mindonienses”, dixo.

“Si a Xunta de Feijoo quere traer proxectos a Mondoñedo, que o faga, adiante, todos son benvidos. Pero entendemos que o noso Concello non pode facer fronte a este investimento para esta infraestrutura. Isto non é unha competencia municipal é propia da Xunta, polo tanto, que a asuma”. Ademais non existe ningún informe do Concello que diga que é prioritaria a compra deste inmoble para fins sociais.

Que a Xunta asuma as súas competencias
“Candia pretende dar solucións a problemas da Xunta que non son competencia do Concello de Mondoñedo, iso si, pero cos cartos de todos dos mindonienses. Xa que o Goberno solicitou ao Fondo de Cooperación os 450.000 euros do valor deste inmoble, que hai que devolver en sete anualidades de 56.250 euros. Si Elena Candia ten que facer mérito diante de Feijoo que ao faga, pero non cos nosos impostos, xa que con esta inversión esta abandonando outras proxectos do Concello”, remarcou.

“A día de hoxe o Concello non precisa comprar mais inmobles, cos que temos xa é suficiente. Ademais temos outros edificios que poderían servir para atender a estas mesmas necesidades, que a Xunta os rehabilite e que o faga”, insistiu.

Centro de Día Público
“Dende o Grupo Socialista aprobariamos que se utilizara este investimento para realizar un centro de dia de público. Pero non podemos investir nun edifico, que non necesitamos, e que despois vai a recaer a unha empresa privada”, resumiu.

Exit mobile version