Lugo, 24 de outubro de 2019. A Secretaria Provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Presidente da Deputación, Jose Tomé Roca anazalizaron este xoves os orzamentos da Xunta. Os socialistas calificaron as “contas de Feijóo para a provincia como de ciencia ficción, e que non responden ás necesidades desta provincia”. No acto tamén estivo a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.
A Secretaria Provincial Socialista dixo que as contas do PP para a provincia son unha auténtica tomadura de pelos aos lucenses”. Tíldounos de “electoralistas, xa que non saldan a débeda histórica que ten con o PP con esta provincia”, e ademais “son un copia e pega de orzamentos doutros anos, con partidas irrisorias que non serven para nada”, dixo.
Otero remarcou que “a Feijoo tíñalle que caer a cara de vergoña vir a esta provincia e pedir o voto nestas elección xerais, xa que non ten ningún argumento para que os lucenses confíen no PP”, insistiu.
Infraestruturas
Coas contas enriba da mesa a secretaria provincial criticou a variante de Viveiro, “pola que levamos máis de 11 anos esperando, é o único que fixo o PP foi mudar ese trazado consensuado cos veciños, especialmente en Magazos, e deixou o orzamento á metade do previsto inicialmente”.
Tamén aludiu ao desdobramento do corredor Sarria-Nadela. “Outra vella reivindicación que 11 anos despois, co compromiso firme de Feijoo de executar este vial, agora anuncia que só vai arranxar 11 quilómetros, con 3 millóns de euros, cando se comprometera que ia estar arranxado no 2015 co desdobramento integral”.
Sobre o Porto Seco de Monforte replicou que esta orzamentada a mesma cantidade que na pasada anualidade. “Esta é a típica partida de copia e pega, que non se executou, e voltamos a incluíla nos orzamentos do seguinte ano. Polo tanto, non poderemos desfrutar da conexión corredor sur, para que Monforte sexa un nodo loxístico de transporte de mercadorias ”.
Da rolda de leste dixo que adolece dunha escasa dotación orzamentaria. “A onde vamos con 300.000 euros para poñer en marcha esta infraestruturas cando son necesarios 22 millóns de euros?”, espetou. “Nada se fixo desde finais de 2008 dando se executaron 9,9 millóns nesta vial”.
“O Plan Paradai é un clásico de todos os orzamentos, a partida do ano pasado non se executou e volve a estar nestas contas, outro copia e pega”. O mesmo sucede co acondicioamento das estradas Begonte-Friol-Palas e da LU 651 do Folgoso do Courel cun orzamento de 750.000 euros cada unha, “volven a aparecer este ano nos orzamentos porque seguen sen executarse”.
Augas de Galicia
No que se refire as partidas de Augas de Galicia para o saneamento na provincia dixo que era “unha auténtica tomadura de pelo aos lucenses”. E citou como exemplo a EDAR de Burela que custaría máis de 6 millóns de euros “pois ben o orzamento do PP para este proxecto é de 250.000 euros, o mesmo sucede en Foz cunha cantidade irrisoria de 500.000 euro. Feijoo tómanos o pelo con estas contas”. Explicou que tamén aparece reflectida a dragaxe de Viveiro -Celeiro na partida de Portos de Galicia “algo que se leva reclamando dende fai mais de 10 anos, estaremos vixiante para saber canto se executa da mesma”.
Proxectos pendentes
Otero tamén aludiu na súa intervención a proxectos pendentes coa provincia comprometidos por Feijoo, Balseiro e todo o PP, pero que non aparecen nas contas autonómicas. “A dragaxe do Porto Chico de Foz que conta co respaldo de todo o Parlamento, incluído o PP, a estrada da Fonsagrada que limita con Asturias, os arranxos da LU-636 que une Sarria con Becerreá, a LU-722 de Navia de Suarna, a LU-770 que une Mosteiro con Rioxoan, ou a avenida de Vilalba en Rábade, ou a LU-170 de Cabreiros a Momán que segue paralizado porque o PP non goberna neste Concello”.
Medidas maquilladas
Pola súa banda o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca explicou que a Feijoo fáltalle coñecer cales son as prioridades económicas e sociais para desenvolver proxectos pegados á realidade na provincia. “Isto é xustamente o que lle falta ós orzamentos de Feijoo, e trata de tapar con medidas maquilladas, cousas soltas, propaganda e colocando frases e anuncios mediaticos, que neso é especialista. Eu sempre digo que é un presidente frasero porque coloca moi ben as frases; os titulares de prensa colócaos moi ben, pero detrás despois non hai nada”, espetou.
E preguntou onde están as políticas industriais nestas contas, xa que a Xunta ten a competencia segundo o artigo 30 do Estatuto de Autonomía. “En Galicia a política industrial, a ordenación do territorio lamentable, o sector primario sigue indo a peor cada vez; eu non entendo como Feijoo dixo que ía ser a lexislatura do rural, e desde logo acaba a lexislatura, e será calquera cousa menos do rural, porque que me diga a min que fixo polo rural”.
Para Feijoo a provincia de Lugo segue sendo a Cenicienta do PP
“Para Feijoo a provincia de Lugo segue sendo a Cenicienta da Xunta do Partido Popular. Candia e Balseiro di que son os orzamentos do cumprimento, pois son xustamente o revés, son os orzamentos do incumprimento”, replicou.
Tome aludiu aos anuncios do PP sobre o investimentos por habitante na provincia. “Este é outro engano. Lugo ten 330.000 habitantes, as cifras dependen sempre de cómo se queiran ver, eu non entendo como a Xunta de Galicia se porta tan mal con Lugo. Posiblemente porque non goberna nas cidades máis grandes, nin na Deputación, pode ser por Iso. Pero se esta é a política que pensan aplicar na provincia de Lugo para recuperar a institución provincial, é posible que non sexa a mellor das ideas”, resumiu.