Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas apuntan que o goberno de Pedro Sánchez reafirma o seu compromiso con Alcoa

 Viveiro , 8 de outubro de 2019. A Secretaria Provincial, Patricia Otero e o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, encabezaron este martes a delegación socialista na xuntanza coa Ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto, sobre o futuro da plante de San Cibrao. No acto tamén participaron Alcaldes e cargos orgánicos da Comarca da Mariña, así como os candidatos ao Congreso e ao Senado e o Secretario de Organización do PsdeG-PSOE.
Otero remarcou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co futuro de Alcoa, cos seus traballadores e coas súas familias. “Estamos ante un reto de provincia, de país, polo que todos e todas debemos estar defendendo o futuro desta Comarca”. Ademais subliñou o compromiso realizado pola Ministra “que garante aos traballadores que este ano haberá 180 millóns para industrias electrointensivas por custos de CO2”
Criticou “a política industrial da Xunta que é completamente fallida, como demostra que Galicia é a comunidade autónoma de toda España que presenta un peor comportamento en produción industrial no que vai de ano”.
“Alcoa e a Comarca da Mariña precisan máis que nunca unha estratexia de pais clara, con propostas, con iniciativas que contribúan a fortalecer o noso tecido industrial”. E preguntouse “que fixo o Goberno de Feijoo por Alcoa: absolutamente nada de nada. Feijoo é un escapista profesional, que só ven á Mariña a queixarse sen ofrecer ningunha estratexia de futuro para os seus veciños e veciñas”, espetou Otero.
Xuntanza de traballo da Ministra
A Ministra de Industria puxo en valor o traballo do Executivo nacional xa que “adoptou medidas que están nas nosas mans: primeiro as dúas poxas de interrumpibilidad, por valor de 200 millóns, que no 2019 permitiron reducir a factoría eléctrica de Alcoa. E en segundo lugar, ampliamos as subvencións do custo de emisións de CO2 de 91 millóns ao máximo que permite a Comisión Europea”. E reafirmou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez “por manter o emprego e as condicións produtivas de Alcoa na Mariña”.

“Hoxe ponse en marcha unha mesa de seguimento de Alcoa San Cibrao, da que forman parte sindicatos, administracións, e grupos políticos na que se analizará o futuro deste empresa e as súas solucións”, resumiu.

Exit mobile version