Viveiro, 18 de outubro, 2019. O Hotel Thalasso Cantábrico – Las Sirenas de Viveiro organiza o vindeiro venres 1 de novembro unha nova edición do seu xa clásico “Thalaín”, unha festa especial que volve combinar un ano máis o ambiente de Samaín coa boa gastronomía e os servizos do seu circuíto termal de thalassoterapia.
Unha cea baile tematizada aberta a todo o público nos salóns do Resort Las Sirenas, tanto para quen só queira cea e festa con barra libre, como a quen se decida polo paquete completo, que inclúe tamén aloxamento no hotel de catro estrelas e circuíto termal. Despois da cea bufé temática, a festa continuará ata que aguante o “esqueleto”, nunca mellor dito.
Tódalas persoas interesadas poden contactar directamente co Hotel Thalasso Cantábrico para informarse e facer xa as súas reservas, pois as prazas son limitadas.
CEAS BAILE DECEMBRO
Asemesmo, ao igual que nos últimos anos, o Resort Las Sirenas presentou xa as datas das súas festas “Thalasso Dancing”, as famosas ceas baile que se elebrarán los sábados 14 e 21 de decembro. Son citas especiais para as últimas ceas de empresa e de amigos do ano, que combinarán unha vez máis a boa mesa, música e moita diversión nos salóns do hotel.
As reservas xa están abertas no Resort Las Sirenas, que coma sempre presenta ofertas especiais en aloxamento para quen queira alargar máis a festa. Tódolos interesados poden informarse sen compromiso no teléfono 982560200 ou na súas redes sociais.
FIN DE ANO
A punto de presentar tamén o programa completo da Gala de Fin de Año no Resort Las Sirenas, pero as reservas xa están abertas, tendo en conta que tódalas reservas de paquete de estancia anteriores ao 15 de decembro obterán un 10% de desconto (non acumulable a outras ofertas).