Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares trasladan ao sector lácteo a importancia de que goberne o PP en Madrid para facelo rendible

 Pol, 28 de outubro, 2019. Os populares trasladan aos gandeiros da Terra Chá a importancia de estar nos gobernos para facer rendible o sector lácteo. Nun acto desenvolvido na gandeiría Chaín de Pol, e no que tamén participaron os candidatos ao Senado, José Manuel Barreiro, e ao Congreso, Joaquín García Díez, ademais da xefa territorial de Medio Rural e alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia, José Balseiros, puxo en valor a Estratexia de dinamización do sector lácteo galego, cuxos principais obxectivos pasan por avanzar cara unha produción sustentable desde o punto de vista social, ambiental e económico.

Neste senso, destacou que con esta estratexia preténdese aumentar a capacidade de industrialización en Galicia do leite producido no noso territorio, incrementar o peso das Denominacións de Orixe de queixo na transformación láctea e mellorar o acceso dos produtos lácteos aos mercados nacionais e internacionais.

Procúrase tamén, segundo explicou José Balseiros, avanzar na xeración de valor en todos os elos da cadea do lácteo e mellorar a imaxe e o recoñecemento social dos gandeiros, a promoción do leite galego naqueles mercados aos que se dirixe e os mecanismos de remuda xeracional nas explotacións.

O director xeral indicou que é preciso tamén adecuar a oferta formativa ás necesidades das explotacións, co fin de mellorar as condicións de vida e de traballo dos seus titulares e implantar mecanismos que permitan mobilizar a terra produtiva para que as explotacións dispoñan da base territorial axeitada ás súas necesidades.

Deste xeito, adiantou que, no marco desta iniciativa, a finais de ano probarase unha aplicación para o cálculo dos custes de producción, co fin de que entre en funcionamento o primeiro trimestre de 2020 e logo distribuirase gratuitamente ás explotacións que a queiran asumir como propia. Dende o Goberno galego tamén se está a traballar na Lei de recuperación e posta en valor da terra produtiva de Galicia que seguramente verá a luz na primavera do vindeiro ano. A través desta norma, segundo apuntou Balseiros, “vanse concentrar as terras sen a figura da concentración parcelaria. Alí onde se detecte que hai superficie para crecer, a través do Banco de Terras –xa vai consignada dotación de persoal no orzamento do vindeiro exercicio- fará a investigación total desas fincas que compoñan o polígono agrario e gandeiro. Logo procederase á regulación no Rexistro da Propiedade, a través dun convenio co Catrastaro que xa en marcha. O prezo de adquisición para a compra ou arrenadamento porao o Banco de Terras en base a unha fórmula composta polas seguintes variables: duración do proxecto, clima, produtividade do solo, prezo medio de mercado e orografía, entre outras”.

En materia de residuos, instalaranse, segundo avanzou Balseiros, prantas de tratamento nas zonas de A Limia e O Deza. En Coruña, será na de Mazaricos e, en Lugo, na dos concellos de maior producción, que é a daTerra Chá

Facer competitivo o sector
José Manuel Barreiro analizou dende unha perspectiva económica a situación do sector, indicando que Galicia xera o 40% da producción española, e desta, algo menos da metade, prodúcese en Lugo. Por iso, avogou por catro pilares que se deben de ter en conta, e nos que traballaron o Goberno de Rajoy e están a impulsar dende a Xunta de Feijóo, para facer o sector lácteo competitivo. Segundo o popular son os seguintes: mellorar a estrutura de custes baseada na base territorial existente, a transformación do produto, a diferenciación do mesmo e incrementar a cadea de valor.

Traballo do PP dende Madrid
Joaquín García Díez destacou o traballo dos populares na Cámara Baixa en prol deste sector. Este traduciuse na presentación de 67 iniciativas relacionadas co lácteo, sendo durante o goberno de Rajoy a lexislatura que máis se falou deste no Congreso. Este traballo foi o que permitiu que de Bruxelas viñesen para España 43 mil millóns de euros; o que supuxo, sinalou, o 30% da renda dos agricultores.

Foi o PP tamén o conseguiu o acordo que aínda está hoxe vixente e que afecta á cadea de valor; o paquete lácteo ou os Reais Decretos aprobados para dar maior transparencia a toda a cadea de valor e o etiquetado obrigatorio en orixe dos produtos derivados do leite.

Por todo elo, avogaron pola importancia de apoiar ao PP o día 10. E é que o goberno que saia dese día das urnas, será clave na negociación da futura PAC. “El PP ya tenía avanzada su postura fruto del consenso con las organizaciones agrarias, ganaderos y con la CA. Somos el quinto país en producción con 8 mil millones de toneladas de leche. Si no se negocia bien, se puede convertir en un cambio de moneda de otros asuntos”, precisou García Díez.

Gandeiría Chaín
Gandeiría Chaín (Pol) está rexentada por José Carlos Vega Rodríguez. Ten un total de 1.300 cabezas de gando, das que unas 800 están en ordeño na actualidade. Trátase dunha das explotacións máis grandes da provincia, que produce unha media de 24.000 diarios. A media por vaca é de 37 litros. Conta cun total de 20 empregados e unas 300 hectáreas en producción.

Exit mobile version