Demóstrase así que dende o PP están, unha vez máis, do lado dos afectados, e así o seguirán facendo en sucesivas reivindicacións e concentracións que se convoquen. Trátase, en definitiva, de sumar apoios para que o Executivo de Pedro Sánchez asuma a súa responsabilidade e presente solucións que garantan o mantemento da actividade industrial e os postos de traballo. Neste senso, insisten e defenden publicamente que “non hai tempo que perder” para aprobar o estatuto de consumidores electrointensivos para que as empresas dispoñan dun prezo eléctrico competitivo e ampliar de 90 a 200 millóns de euros a compensación dos gastos indirectos de CO2, ademais de pagar dunha vez por todas esa partida inicial de 90 millóns que xa está aprobada.
Piden, ademais, que se convoque unha mesa de traballo en Madrid incorporando ao comité de empresa de San Cibrao, co que a Xunta de Galicia tamén comparte as súas inquedanzas. E é que a tarifa eléctrica galega non é legal porque o marco normativo non permite diferenciar por territorios. Tampouco é xusta porque fai que os galegos teñan que pagar máis pola electricidade, en concreto, 300 millóns máis ao ano para financiar as infraestrutura e a retribución por interrompibilidade. E non é realista, debido a que non existen datos que a xustifiquen.