Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nenos e nenas do CEIP Santa María gozaron de unha conferencia a cargo da Indicación Xeográfica Protexida “Mel de Galicia” como preludio da Feira do Mel – Mercado de Outono

 O Valadouro, 11 de outubro, 2019. Dentro da programación da XXXII Feira do Mel – Mercado de Outono hoxe venres os protagonistas foron os 150 alumnos do CEIP do Valadouro, os cales desfrutaron de unha charla impartida por unha técnico do Concello Regulador Mel de Galicia, titulada o “Doce Mundo do Mel” coñecendo os beneficios deste produto, a forma na que as abellas fabrican o mel, e a importancia que teñen estes insectos para o noso ecosistema.
Para rematar a Conferencia o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda acompañado da concelleira de Cultura, Fina Geada, e o concelleiro de Medio Rural e Turismo, Iago Fernández. Entregaron os diplomas os gañadores do concurso de debuxo convocado para elaborar a base do cartel da XXXII edición da Feira.
Os Gañadores por curso:
6º de Infantil – Yeray Souto.
1º de Primaria – Paula Rouco.
2º de Primaria – Gorka Garcia.
3º de Primaria – Julia Cao.
4º de Primaria – Celia Martinez.
5º de Primaria – María Lozano.
6º de Primaria – Maia García e Candela Riveira (Debuxos elixidos para a base do cartel).

Exit mobile version