Ata a residencia de Pol achegáronse a responsable do centro de Trabada da Deputación xunto a once residentes autónomos e dous dependentes en cadeira de rodas, a terapeuta ocupacional e unha auxiliar. Os maiores gozaron, xunto aos seus familiares, de música en directo a cargo de Os Valuros, baile, xogos temáticos e dunha merenda con petiscos, doces e castañas asadas.
Estas residencias de maiores foron tamén decoradas con cabazas e outras manualidades feitas polos usuarios dos centros en varios obradoiros temáticos que favorecen o seu envellecemento activo e benestar.