Esta situación de abandono pódese ver no caso do caso do desdobramento do Corredor Nadela-Monforte, na que a Xunta prevé un investimento de 3 millóns de euros neste proxecto de orzamentos. O goberno de Feijóo tiña consignado para o 2018 uns 4 millóns de euros, na que prevían investir 6 millóns para 2019 e outros 6 millóns para 2020. Mais o certo é que non executaron nin un só euro, o corredor segue sen desdobrarse e aínda por riba queren facelo en fases e non no seu conxunto como ven reclamando o BNG.
Segundo Rodil “É unha tomadura de pelo á veciñanza de Lugo, de Sarria e de Monforte. O PP comprometeuse a converter o corredor en autovía en 2011, van oito anos e non fixeron nada malia que as expropiacións no tramo Nadela-Sarria están feitas xa.”
O Bloque Nacionalista Galego lembra á Xunta de Galiza os riscos para a seguridade viaria que supón esta infraestrutura onde se teñen rexistrado importantes e graves accidentes, con vítimas mortais en numerosos casos, polo que a conversión en autovía é, ademais dunha urxencia, unha grande necesidade que o Partido Popular non pode seguir adiando.
Así mesmo, as cifras repítense unha e outra vez como os eternos 450 mil euros do Plan Paradai ou os 750 mil euros do Porto Seco de Monforte. A deputada sinalou “non sabemos se son un mal chiste ou se o Partido Popular pretende tomarnos o pelo a todas as e os lucenses porque todos os anos os Orzamentos da Xunta de Galiza consignan partidas que despois non executa”.
Respecto a estes feitos tamén se acontecen coa estación estación intermodal ou coa Ronda Leste na cidade, para as que, despois de anos de esquecemento, as partidas previstas de cara a 2020 son ridículas. Se o actual goberno galego verdadeiramente tivesen vontade de impulsar estes proxectos o próximo ano, pois o investimento total que requiren é moi superior.
“O Partido Popular na Xunta quere facer que fai pero a veciñanza sabe ben que a Xunta non cumpre con Lugo e que os seus orzamentos fan moito ruído pero dan poucas noces” dixo Olalla Rodil.
A viceportavoz parlamentaria denunciou que o que confirman as contas da Xunta é que o PP non vai levar a cabo dous proxectos fundamentais para a cidade de Lugo que vimos defendendo desde o BNG pola súa importancia: o Museo Galaico-Romano no Cuartel de San Fernando que, coma todos os anos, é unha das grandes ausencias nos Orzamentos e o proxecto de rehabitación e rehabilitación da Tinería que o Partido Popular paralizou desde 2009 e que nestes orzamentos, coa previsión orzamentaria que contempla, non prevé recuperar.
O BNG defenderemos a través do proceso de tramitación dos orzamentos que comeza agora no Parlamento os investimentos que merecen as comarcas de Lugo e o necesario impulso de proxectos que levan unha década de retrasos e incumprimentos do PP na Xunta.