A cita foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez e por Félix Fernández, quen colabora desinteresadamente e que leva ao fronte do campionato desde os seus inicios. Tal e como apuntaron as partidas xogaranse nos diferentes locais hostaleiros e sedes de clubs, asociacións., etc, do municipio que desexen participar, formando equipos de catro parellas. Realizaranse por sistema de liga, a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes. As inscricións deberán formalizarse antes do 24 na Casa da Cultura, no Concello, ou a través do 686.970.388; ese mesmo día haberá unha reunión na Casa da Cultura á que están convocadas as persoas e entidades interesadas en participar na que se elaborará o calendario de enfrontamentos.