Unha defensa dos débiles, unha crítica ós presuntuosos, unha defensa da xustiza e do superheroe que todos levamos dentro. Poderemos visitar os estudos de televisión da famosísima cadea Teleparrucha, a coñecer os seus presentadores máis famosos (Eduardo Pasmarote, Ana Rosa, Iñaki Burrabengoa…), a cantar as cancións de Jacky e Pinky (The Sixteens) ou a rirte coas pallasadas dos ladróns Triquiñuela e Carajillo.