Trátase dun programa que cada ano conta con maior participación, e para o que este hai inscritas un total de 33 persoas, entre 57 e 83 anos, todas elas cun denominador común: a ilusión e a vitalidade, e co compromiso de rachar aqueles falsos mitos da terceira idade como etapa rutinaria e sedentaria. As sesións desenvolveranse, ao igual que en convocatorias anteriores, tódolos mércores en horario de 10:30 a 12:00 horas no Centro Sociocultural de Alfoz.