Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo insta ao Concello a pedir á Deputación o arranxo e acondicionamento da estrada LU-P-5207

 Ribadeo, 14 de outubro, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular insta ao Concello a pedir á Deputación o arranxo e acondicionamento da estrada LU-P-5207, cuxo treito inicial discorre polo casco urbano, atravesa unha zona residencial e dá acceso ás zonas deportiva (campo de fútbol, pavillón e piscina) e á escolar, onde se atopan o CEIP Gregorio Sanz e o CIFP Porta da Auga. Será a través da moción que os populares levarán ao vindeiro Pleno, e na que se se pon de manifesto a necesidade de acometer no menor tempo posible os traballos de mellora, pois este vial sae do núcleo urbano por unha ponte sobre a liña de FEVE, na zona do Cobo, que é moi estreita, sen beirarrúas e con graves problemas de seguridade para os peóns.

Por este motivo, Daniel Vega considera que a entidade local “debe ter un compromiso firme coa situación penosa desta arteria de comunicación”. E é que, se segue pola mesa, atópase o Mirador de Santa Cruz, sobre a ría de Ribadeo; un dos reclamos turísticos da vila, así como a parroquias de Ove, Cubelas, Cedofeita e Arante. Na actualidade, esta parte tamén conta cun mal pavimento e unha peor sinalización, así como unha sinalización deficiente, pois a pintura non se ve en moitas zonas da estrada.

Por este motivo, dende o PP solicitan a pavimentación e pintado do firme ata a confluencia coa estrada de Reme a Vilamar; a construción de beirarrúas; colocación de puntos de luz, papeleiras e bancos; instalación de dúas pasarelas na ponte que sobrevoa a liña de FEVE e colocación dunha nova iluminación de baixo consumo enerxético e alta eficiencia lumínica.

Exit mobile version