Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz congratúlase do cambio de opinión de PSOE e BNG respecto a continuar co anteproxecto da depuradora na Granda de Forxán e solicitan pidan desculpas por ter enganado aos veciños nestes últimos anos

 Foz, 23 de outubro de 2019. O PP de Foz congratúlase do cambio de opinión de PSOE e BNG respecto a continuar co anteproxecto da depuradora na Granda de Forxán e solicitan pidan desculpas por ter enganado aos veciños nestes últimos anos.
O grupo municipal do Partido Popular de Foz alégrase do cambio de opinión do Psoe e do Bng respecto á depuradora, despois de ver as declaracións públicas onde o Alcalde confirma que manteñen a ubicación proposta por PP e FPF e que tanto criticaron na oposición.
Castiñeira subliña que “Lamentamos enterarnos pola prensa do cambio de opinión de Psoe e Bng, porque ademais démoslle a oportunidade fai dous meses de facelo no pleno e votaron en contra, pero alégranos que despois de 4 anos acepten a ubicación proposta polo anterior goberno, aínda que iso supoña a confirmación dun gran engano público e electoralista de Psoe e Bng cos veciños de Foz…”
Engadiu o portavoz popular, “un engano do que deben pedir perdón, polo descarado cambio de opinión en 4 meses e especialmente polos innumerables trastornos que ocasionaron nestes anos, sobre todo aos veciños de Forxán que dividiron e enfrontaron e en particular á asociación San Gonzalo á que enganaron e fixeron gastar moito diñeiro en avogados e informes innecesarios que agora non teñen sentido”
Rematou Castiñeira, “Asociación esta, da que o anterior goberno tivo que aguantar acusacións inxustas e que o Psoe de Foz manipulou politicamente nas eleccións para caldear o ambiente e dificultar, como así pasou que se avanzase no anteproxecto, chegando a poñer máis de 100 alegacións que agora quedarán en papel mollado, iso sí con un custo económico e social que van ter que pagar moitos veciños de Forxán que tamén foron enganados”
“Psoe e Bng que defenderon ata maio do 2019 emprazamentos diferentes ao que figura actualmente no anteproxecto xestionado polo anterior goberno, deben pedir desculpas públicas aos dous grupos que apoiaron este proxecto que foron PP e FPF, e ao resto de integrantes da comisión de seguimento da depuradora á que ningunean e evitan usando o rodillo da maioría absoluta que dispoñen”.

Exit mobile version