E é que, apuntou Candia, “estamos nunha situación extraordinaria e quizais no peor momento dos últimos anos”. Tal é así que a popular considera “que temos que falar alto e claro e non todos os grupos políticos temos a mesma responsabilidade. Están tocadas estruturas industriais que xeran moito emprego, polo que temos a obriga de pedir que non se xogue desta forma coa familias que viven desta fábrica, da que moitas son da Terra Chá”, manifestou.
A demanda dos populares resposta á petición realizada en días pasados polos propios afectados nunha xuntanza mantida en Vilalba. Concretamente, ao seu xuízo, o Goberno, dirixido nestes momentos polo Partido Socialista, “está poñendo en serio perigo moitos empregos nesta comarca e tamén na Mariña coa situación de Alcoa”.
Agustín Baamonde engadiu que é moita a xente da zona que traballa nas Pontes. “Os transportistas do carbón teñen unha relación de interdependencia económica coa Terra Chá, polo que o peche de Endesa sería unha catástrofe”. Por este motivo, explicou que non foi posible a declaración institucional. “Presentamos a iniciativa pola desidia do goberno da Deputación e mentras os acaldes se manifestaban, a Deputación púxose de perfil. Unha declación non pode sustituir un debate político en ningún caso, o que non quita de que poida haber acordo no Pleno dos grupos”, indicou.
Elena Candia, en alusión aos afectados de Endesa e de Alcoa, deixou claro que “este Partido está do seu lado”, adiantando que, ao igual que participaron na concentración de Xove, estarán tamén mañá en Cervo. “É un mecanismo para facernos oír en Madrid. Temos que facelos rectificar, xa que o prexuízo pode ser moi grande”, concluíu.