Alcaldes, portavoces, deputados, senadores e outros cargos orgánicos do partido traballaron durante a súa xuntanza nas accións a desenvolver en defensa do futuro de Alcoa-San Cibrao. Na xuntanza púxose de manifesto a total sintonía dos representantes dos traballadores e dos alcaldes populares da comarca en canto á urxencia de que sexan adoptadas as medidas políticas necesarias por parte do Goberno central, o único que pode tomalas, para fixar prezos asumibles da enerxía eléctrica para grandes consumidores como é o caso de Alcoa.
10-N
Nesta mesma reunión quedou en evidencia que na comarca da Mariña o Partido Popular está a traballar a pleno rendemento para superar con éxito os retos aos que enfronta a provincia. A motivación é moi alta fronte á próxima e decisiva cita electoral do 10-N.