Durante toda a semana leváronse a cabo actividades no Centro encamiñadas a fomentar o achegamento da comunidade educativa á situación de emerxencia climática na que nos atopamos. Como remate a estas actividades, o venres 27 celebrouse unha charla á cargo de Isabel Vilalba, participante no Movemento Galego Polo Clima. Ao remate, realizouse unha concentración diante do IES e pechouse o acto coa lectura de manifesto asinado polas máis de 80 asociacións que forman parte do Movemento.