Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro propón melloras na seguridade vial da estrada LU102 ao seu paso pola zona do Pirixel

 Viveiro, 31 de outubro, 2019. No día de hoxe remitiuse á Axencia Galega de Infraestruras unha copia do informe emitido polo Xefe da Policía Local do Concello de Viveiro co obxecto de mellorar a seguridade vial da estrada LU102 ao seu paso pola zona do Pirixel, tras queixas veciñais suscitadas a esa Xefatura da Policía Local.

O punto no que se considera necesario mellorar a seguriade vial é o identificado como punto quilométrico 0,670, no que se configura unha única plataforma con dous carrís de circulación separados por liña lonxitudinal continua, ao igual que a delimitación de borde. É un tramo de curva pronunciada a dereita con posterior pendente ascendente en tramo sinuoso de curvas e paso por debaixo dunha ponte de ferrocarril.

Na marxe dereita (segundo sentido kilométrico) hai un talud elevado e no esquerdo, un desnivel en forma de terraplén pronunciado con vivendas na parte inferior. No carril de sentido decrecente presenta bandas de alerta de reducción de velocidade antes da curva.

Unha posible saída de vía dun vehículo que circulase en sentido decrecente, no punto indicado, provocaría o desprendimento deste por un terraplén de altura considerable hacia a liña de edificiacións.

A medida de sinalización proposta é a instalación de barreiras de seguridade, tipo bionda de dobre protección, no tramo indicado.

Deuselle traslado a esa administración, como titular do vial, solicitando que á maior brevidade posible se adopten as medidas oportunas para solventar esta situación.

Exit mobile version