Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá organiza este mércores, actividades con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, que se conmemora o 19. A fachada do Concello está iluminada de cor rosa

Este mércores ás 17:00 horas haberá unha xuntanza no Torreón para despois facer un gran lazo rosa con plantas solidarias nun lugar emblemático de Lourenzá. Ás 17:45 horas terá lugar unha charla sobre apoio psicosocial a pacientes con cancro, que será impartida pola traballadora social Estefanía Corcoba Blanco. E as actividades rematarán ás 18:30 horas cunha merenda solidaria. Os donativos que se recollan serán entregados á AECC. Nestas actividades organizadas pola Concellería de Servizos Sociais colabora Pastelería Cabaleiros.

Exit mobile version