O venres 11 a compañía Teatro do Atlántico ofrecerá a obra Dúas donas que bailan, coas actrices María Barcala e Mari Ángeles Iglesias.
A seguinte representación será o venres 18 e correrá a cargo de Malasombra Produccións, coa obra Bernarda, que interpretarán Celia González, Luisa Marelas y Esther Aja.
O venres 25 EM2 ofrecerá A noiva de Don Quixote, con Mercedes Castro.
E o ciclo rematará o xoves 31 con Contraproduccións e a obra A compañeira de piso, na que actúan Patricia Vázquez e Rebeca Montero.
O concelleiro de Cultura explicou que “en Foz temos unha programación cultural, sobre todo teatral, moi importante e de moito nivel. E neste mes de outubro desde esta Delegación de Cultura en colaboración coa Concellería de Igualdade quixemos dar unha volta máis e afondar un pouquiño na igualdade e no feminismo para o que programamos obras nas que só hai actrices, poñendo así en valor ese gran traballo que sempre queda un pouco escurecido detrás dos actores”.
Héctor Moris engadiu que son “catro obras dunha gran calidade, que demostran a valía, o traballo e o nivel destas mulleres, que nos van deixar a todos coa boca aberta. Así que animo a todo o mundo a pasarse nos próximos días 11, 18, 25 e 31 ás nove da noite pola Casa da Cultura para poder ver o traballo destas mulleres e estas obras, que van sorprender a todos e merece a pena velas”.