Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz homenaxeou este sábado, á veciña de Fazouro Mari Carmen Couto Aguiar, que cumpriu cen anos nesta xornada

Con este motivo recibiu na súa casa a visita do alcalde focense, Fran Cajoto, e a da concelleira Inés López, que lle entregaron un ramo de flores. Os representantes municipais comentaron que “é unha muller moi alegre á que lle gusta xuntarse coa súa familia e coas súas amizades. Recibe a todo o mundo cun sorriso e chegar a esta idade con todos os sentidos faina moi feliz, como di ela”.

Exit mobile version