A cita, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros da Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, organizadores do evento, coa colaboración do Concello.
A Festa, que terá lugar na Antiga Escola de Rúa, arrincará ás 18:00 horas coa esfollada do millo.
A partir das 20:00 horas está programada unha cea a base de empanada e pan da casa elaborados con fariña de trigo da Malla de Rúa, callos, sobremesa e viño ou auga; por un prezo de 6 euros para os socios e de 10 euros para os non socios.
Xa ás 22:00 horas dará comezo a Gran Verbena a cargo da orquestra Essencia. Habilitarase unha carpa.
O Concello de Cervo convida á veciñanza e aos visitantes a desfrutar desta festa tradicional o vindeiro sábado na parroquia de Rúa.