Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anticipará este xoves o peche dos servizos municipais para favorecer a asistencia dos traballadores á nova concentración convocada polo comité de empresa de Alcoa, que terá lugar ás 20:30 horas, na Praza do Concello de Burela

Así o explicou o rexedor, Alfonso Villares, poñendo a énfase no “momento crítico que estamos a atravesar na Mariña” polo que é fundamental que todos “rememos nunha mesa dirección, man a man, para esixirlle ao Goberno central ese marco enerxético estable e competitivo que precisamos con suma urxencia” que garanta o emprego e o futuro desta comarca, que a día de hoxe, corre un serio risco.

Exit mobile version