Burela, 24 de outubro de 2019. O Concello de Burela inaugurará o alumeado de Nadal o día 5 de decembro. O alcalde, Alfredo Llano, explica que aínda que a empresa encargada colocará as luces durante o mes de novembro, non será ata o 5 de Nadal cando se proceda ao seu acendido.
O rexedor explicou que “este ano, falando coas empresas de iluminación do Nadal, xa marcamos cunha pouca antelación como fixemos o ano pasado, por razóns de tempo e de ocupación xa que teñen que atender moitos sitios as empresas que colocan as luces, acordaron comezar moito antes que outros anos a colocalas aquí en Burela. Así que si se ve poñendo as luces de Nadal é por razóns da empresa para poder realizar en todos os sitios en prazo todo o que teñen que montar”.
Alfredo Llano dixo que “este ano vaise acender o alumeado de Nadal en Burela o día 5 de decembro. É un día especial para inauguralo, pero tamén para comezar coa programación que ten a Acia preparada para o vindeiro Nadal. Polo tanto, ese mesmo día imos inaugurar tanto o alumeado de todo o pobo como a árbore de Nadal, que é propiedade da Acia e que tamén se quere acender ese día”.
O alcalde burelés engadiu que “aínda que están traballando nisto nosoutros imos acendela o día 5 de decembro, non se terá en conta que xa se está montando para acendela no mes de novembro, iso non está de acordo coa nosa filosofía de aforro enerxético. Isto vaise facer, ademais está así programado e acordado coa Acia tamén, a partir do 5 de Nadal”.